Nestas datas estivemos visitando belenes.
O primeiro foi o Belén de Begonte. É unha experiencia que estamos desfrutando moitísimo xa que temos miles de puntos onde fixar a nosa atención. Cada centímetro é unha obra de arte.
Tamén fixemos unha visita ao belén da Catedral de Santa María de Lugo. Encantounos!. E demos un bonito paseo pola catedral, aproveitando a ocasión para ver as luces das rúas e merendar nunha das cafeterías do centro da cidade.