Nesta semana, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitou o noso centro de día de Friol para ter uns encontros interxeracionais. Estes encontros serven de base para que o alumnado interactúe cos maiores e intercambien experiencias sobre distintos temas a tratar nas épocas tanto do propio alumnado como dos usuarios do centro de día. Así, na visita dos nenos e nenas de 5º de educación primaria o tema a tratar foron os dos xogos en cada época, mentres que os de 6º de primaria tiveron como temática principal os traballos no campo.
Estas xornadas continuaran no presente mes coa visita do alumnado de 1º e de 2º da ESO, que tratarán temas como a diferencia da socialización entre ambas épocas e tamén sobre aspectos como era a vida escolar antano e na actualidade segundo os seus protagonistas.