Excursión do noso grupo Preventiva-Mente de Friol

Onte fixemos da man do programa «Coñece a túa provincia” da Deputación Provincial de Lugo unha interesantísima excursión co noso Grupo Preventiva-mente de Prevención e Envellecemento Activo que temos coa colaboración do concello de Friol.
A primeira parada foi na escola de Imaxe e Son da Tic, onde os usuarios poideron ata experimentar o que se sinte sendo un dos presentadores dun telexornal.
Despois visitamos a comarca de Quiroga, facendo parada no Castelo dos Novais, onde poidemos, despois dunha «pequena» caminata, sentirnos como verdadeiros cabaleiros medievais ao carón do río Sil. Cómpre destacar tamén as bonitas vistas que desfrutamos dende o mirador Dobra Campodolo-Leixazós e a visita ao museo Etnográfico de Quiroga onde poidemos recordar e recoñecer os artiluxios que se empregan para facer mel, viño… e ata revivimos cómo eran as antigas escolas!
Tamén tivemos tempo para degustar e desfrutar dun excelente xantar e de unha visita a unha das adegas mais antigas da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra donde nos convidaron a degustar viño e productos típicos da comarca.
Foi un gran día e sen dúbida unha gran experiencia na que poidemos, despois de anos, realizar unha viaxe conxunta, recordar aspectos pasados, desfrutar dos presentes e con moitas ganas de repetir nun próximo futuro todos xuntos de novo.