A pasada semana os usuarios do taller Activa-Mente do Concello de Friol e persoal de Afalu,
tivemos a sorte de descubrir algúns dos recunchos máis especiais da Mariña Lucense nunha excursión que nos deixou marabillados, grazas ao programa “Coñece a túa provincia” da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Comezamos o día visitando a Granxa Gayoso, onde aprendemos de primeira man como coidan e crían ás súas vacas cun modelo sostible e respectuoso. Unha experiencia moi enriquecedora!
Logo dirixímonos a Foz, onde exploramos o seu Centro de Interpretación da Mariña Lucense, un espazo xenial para coñecer mellor esta zona chea de natureza, historia e cultura.
A nosa seguinte parada foi a impresionante Basílica de San Martiño de Mondoñedo, a catedral máis antiga de España. Un lugar con moitísima historia!
E para pechar o día, visitamos un incrible Xardín Botánico, o espazo Caritel, cheo de plantas exóticas de todo o mundo. Un paseo en grao sumo inspirador!
Mil grazas á Deputación de Lugo por facelo posible!
E un agradecemento moi especial a «Boris» por ser un guía de 10 durante toda a excursión.
Un día cheo de aprendizaxes, paisaxes e bos momentos!




