Non temos palabras para describir tódalas emocións, cariño e recoñecemento polo noso traballo que recibimos o sábado da man da Fundación Breogán e da Clínica Dental García Rielo por parte da afeción e as persoas que forman o Club Baloncesto Breogán.
A Experiencia Breogán levounos a visitar o pazo coa maravillosa explicación por parte de Guido Guía, acollidos e acompañados por Salva Arco e asistindo a un entrenamento do Breogán no que se volcaron tanto os xogadores como o staff nas familias, coidadores e traballadores de AFALU que acudiron a esta xornada.
O venres 6 devolvéronos a visita, neste caso acudiron Musa e Sergi Quintela… en fin… que decir… Grandísimos xogadores pero ainda mellores persoas. Tamén veu a vernos Guido, coma sempre apoioando as nosas ideas e aventuras. Capitaneando esta visita Salva Arco e Manuel García Rielo, vaia tandem! Con esta parella ao fin do mundo! As palabras de agradecemento quédanse cortas.
Levamos traballando 20 anos en pro dos enfermos de alzhéimer, as súas familias, coidadores e núcleo de convivencia para mellora a calidade de vida de todas estas persoas. O pulo que collenos estes días danos moito ánimo para seguir facendo o posible por mellorar as súas vidas.
E aquí serguimos para axudarvos!!!