Convidámosvos a acudir á exposición Tecendo rede, tecendo recordos que inauguramos con Fagal para visibilizar a labor continuada e o esforzo das AFAs galegas durante todo este tempo de pandemia. Esta mostra está situada na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo e permanecerá ata o 24 de agosto.
Foi inaugurada está maña por parte de Dona Tareixa A. Ferreiro, vicepresidenta da Deputacion de Lugo, a xerente da Rede Museística provincial de Lugo, Dona Encarna Lago e Dona Iria Franco, vicepresidenta de Afalu e vicepresidenta segunda de Fagal.
Este ano ademáis queremos recalcar a importancia da prevención na enfermidade de alzheimer, xa que unha gran parte dos casos seguindo unha serie de rutinas saudables pódense previr. Evitar ter unha enfermidade neurodexenerativa tamén está na túa man así que HOXE, MAÑÁ SERÁ TARDE.