Facemos os noso Xacobeo

No centro de día de Ourense empezamos o ano 2020 con tanta enerxía que nos propuxemos facer (á nosa particular maneira) o Camiño de Santiago. Nin cortos, nin perezosos fabricamos uns auténticos gorros de peregrinos e uns colgantes coas cunchas de vieira e botámonos a andar. Todos os venres facemos unha etapa que medimos en “voltas” o noso percorrido circular do centro. Este venres dispoñémonos a facer a terceira etapa que remata en Logroño. Ó finalizar a distancia marcada os peregrinos selan a súa Credencial de Peregrino e descansan da súa andaina mentres beben algo para recuperar forzas.
O obxetivo principal de esta actividade e promover e sobre todo motivar as persoas usuarias do centro a moverse e camiñar, algo que a moitos non lles apetece moito. De este xeito divertido e cunha meta clara conseguimos elevar moito a súa motivación. Ó ser unha actividade a longo prazo que realizamos todos os venres tamén axuda a orientación temporal. Os beneficios do exercicio físico son moitos pero os primeiros e máis vistosos son ás súas caras de felicidade e satisfacción o rematar cada etapa!