Falamos de ligar cos alumnos de 3º da ESO do CPI Dr. López Suárez

Os alumnos de 3º da ESO do CPI Dr. López Suárez de Friol acudiron esta semana ao noso Centro de Día para abordar cos máis maiores a temática de «Ligar».
A través desta dinámica, puideron aprender como era o proceso do «cortexo» que levaban a cabo os maiores na súa época de mocidade e como soportaban as rupturas amorosas cando a relación non funcionaba.
Tamén aprenderon conceptos xa esquecidos como o antigo «ajuar» ou o «dote».
Os usuarios do centro fixeron unha bonita dinámica de reminiscencia lembrando quen tomaba a iniciativa nas relacións, como eran as primeiras citas así como o sentimento de estar namorado.
Cabe destacar que tampouco desaproveitaron a ocasión e preguntáronlles aos mozos e mozas que técnicas utilizan hoxe en día, dándolles despois, as súas máis valiosos consellos e explicándolles como solucionaban os seus enfados e rifas cos seus maridos/mulleres.
Grazas de novo ao CPI Dr. López Suárez por contar connosco para estas actividades interxeracionais tan valiosas.