Feliz 2023!!

En AFALU celebramos o fin de ano todos xuntos con risas e alegría, comendo uvas e cantando as campanadas… xa sabemos que se nos complican os cuartosen tódalas casas…
Tamén fixemos xogos de estimulación cognitiva asociados ao evento co obxectivo de traballar a orientación temporal e promover as relacións socias entre as personas do centro, favorecendo así o envellecemento activo e paliando o posible deterioro de determinadas funcions cognitivas na demencia dexenerativa.
Outra das tradicións de Noitevella é facer unha lista con desexos e propósitos para o novo ano. Nos adiantámonos e aproveitamos o último día do ano nos Centros para facelo. Cruzamos os dedos para que se nos cumpran todos!