Feliz día do amor!

Hoxe celebramos o amor en todas as súas formas:
O amor que nace nunha mirada, o que medra cos anos, o que se transforma en coidado, en paciencia e en presenza. O amor das parellas, das amizades, das familias, do amor propio. O amor que lembra… e tamén o que sostén cando os recordos comezan a esvaecer.
Porque amar é acompañar, é escoitar mil veces a mesma historia coma se fose a primeira, é coller unha man con tenrura, é estar. Amar é respectar os tempos, comprender os silencios e encher de luz os pequenos instantes.
Neste San Valentín queremos poñer en valor todas as maneiras de amar, especialmente aquelas que se demostran cada día, con xestos pequenos pero cheos de significado. Porque o amor verdadeiro non esquece: permanece, coida e resiste.