Fin de curso en Outeiro de Rei

Rematamos por esta tempada o Obradoiro de Memoria en Outeiro de Rei.
Ao ser o derradeiro día do presente curso, fixemos unha festa  na que a demáis de realizar diversos xogos, convidámonos con café e doces para deixar un bo sabor de boca e esperar a que no vindeiro ano o pasemos como mínimo igual de ben.
Moitas grazas, tanto ao Concello de Outeiro de Rei, como ás paersóas participantes pola confianza depositada en nós e por facilitarnos o traballo que tanto nos fixo desfrutar.
Vémonos no vindeiro curso!