Gala AFALU de Música polo alzhéimer

Para tódalas persoas que queirades acompañarnos e disfrutar de dúas gradísimas agrupacións musicais como son: Sons e Soños e o Coro do Hospital de Lugo, temos unha actuación moi especial o sábado 14 ás 20:00 no Salón Rexio do Círculo das Artes. Onde ademáis entregaremos o premio anual ao voluntariado, realizado por artesáns torneiros da Asociación Amigos da Madeira de As Pontes, e que este ano recae no profesor Dr. Jesús Rodríguez Rodríguez, colaborador incansable de AFALU dende máis de 15 anos.
A música sempre atrae os recordos!
Agardámosvos na Gala AFALU de Música polo Alzhéimer!!!