O 14 de setembro tivemos a Gala AFALU música polo alzhéimer e queremos agradecer a maravilla que nos ofreceron a Banda Sons e Soños e o Coro de Hospital de Lugo.
Deixámosvos algúns retazos das actuacións.
Queremos tamén agradecer a xenerosa presentación de Xulio Xiz así coma as palabras do premiado ao voluntariado, Suso Rodríguez
Tamén a compañía dos que estivéstedes onte, destacando as autoridades representando tódolos ámbitos da sociedade.
Gracias a todos e a todas.
Solo queda recordar… ese é o matiz, que tódalas persoas poidamos seguir disfrutando dos momentos vividos e dos seus recordos.