Inicio Avisos y Noticias Grazas, Fundación Breogán!

Grazas, Fundación Breogán!

🏀💙 Grazas, Fundación Breogán!

Desde AFALU queremos agradecer á Fundación Breogán a invitación ao partido de presentación do equipo CB Breogán e, especialmente, o fermoso xesto de facernos partícipes dun pequeno homenaxe xunto a representantes doutras ONG de Lugo.

Foi un pracer compartir a pista central e sentir o recoñecemento ao labor que, día a día, realizamos as entidades sociais da nosa provincia.

Grazas por poñer en valor o noso traballo e por facernos sentir parte desta gran familia. 💙🏀