A nosa traballadora social Maitane Fernández está hoxe no “IV Simposio internacional de ApS na Universidade” na USC.
Dende Afalu levamos anos colaborando coa USC, especialmente coa facultade de Maxisterio de Lugo nun proxecto interdisciplinar de aprendizaxe-servizo que se presentou neste simposio. Especialmente nas asignaturas de socioloxía da educación e didáctica.
Neste simposio abórdase a importancia da educación no desenrolo da comunidade e parécenos moi importante que as persoas universitarias e futuros docentes estén sensibilizados sobre a problemática do Alzheimer nas familias e a súa abordaxe.
