En Galicia aproveitamos os froitos do outono e por eso hoxe é un día importante: chegou o San Martiño e con él os magostos!!!
O Magosto é unha festa moi popular que se celebra en todas as comarcas, pero é ben sabido que ten especial arraigo en Ourense onde é o seu patrón.
O tradicional é celebralos ao aire libre, nos montes e prazas da cidade, pero como xa chegou o frío trasladamos a festa ao caloriño dos nosos centros.
Xa desde primeira hora comezamos o día preparando as castañas, asámolas e fixemos unha boa comilona acompañándoas dos típicos bolos preñaos. Namentres, bailamos e cantamos ao son da música popular galega e ata algúns dos nosos maiores se animaron a tocar a padeireta!
Aquí non perdoamos unha festa, e como ben di o refrán, ‘Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto’