Magosto

En Afalu estamos ultimando os preparativos para celebrar 🎉 o Magosto 🌰 por todo o alto.


Como en cada festa ou celebración, o obxetivo é que os nosos usuarios 👴🏻👵🏻 se impliquen no proceso de preparación e así aproveitar o momento para realizar as terapias correspondentes (orientación á realidade, reminiscencia, laborterapia, ludoterapia con xogos motrices e xogos con compoñente cognitivo, AIVD…)


Son moitos os beneficios que se obteñen durante o desenvolvemento da actividade:
-físicos: traballamos a motricidade fina e o manexo de distintos materiais con diversas texturas polo tanto tamén se exerce unha gran estimulación sensorial, a psicomotricidade (coordinando o pensamento coas actividades manuais a realizar)…
-funcionais 🧠: atención, memoria, concentración…
-psicolóxicos: aumento da autoestima, diminución da ansiedade, axitamento etc. ao favorecer a colaboración entre o grupo 👥de iguais, o ocio e a socialización.