A música é unha linguaxe universal e familiar que funciona como canal de comunicación principalmente naqueles casos nos que as funcións expresivas se encontran deterioradas.
Fai posible que as persoas desenvolvan condutas compensatorias, que eleven a súa autoestima, que aumenten a interacción social e a comunicación verbal e non verbal, e tamén permite a cooperación e a aprendizaxe de habilidades sociais favorecendo un ambiente de familiaridade.
Dende AFALU somos coñecedores dos múltiples beneficios que a música pode aportar a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios e por iso procuramos incluíla nas nosas actividades.
Neste caso con cancións típicas da nosa terra que todos coñecemos e que nos evocan momentos de alegría e de festexo traballando así a memoria musical.