Inicio Avisos y Noticias Mulleres que coidan tamén se coidan

Mulleres que coidan tamén se coidan

proxecto de "inclusión integral de mulleres coidadoras no rural" en diversos concellos do rural de Lugo mediante un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade con AFALU
En Afalu estamos levando á cabo o proxecto de «inclusión integral de mulleres coidadoras no rural» en diversos concellos do rural de Lugo mediante un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade.
Mediante este proxecto pretendemos apoiar a mulleres coidadoras do rural, especialmente nas zonas pouco poboadas (ZPP) con grupos de apoio mutuo, atención psicolóxica e social, mediación comunicativa así como orientación laboral (entre outros).
Dende unha abordaxe multidisciplinar traballamos para a inclusión integral das mulleres coidadoras, recoñecendo a súa labor e xerando espazos de apoio, capacitación e empoderamento.
Mediante unha entrevista inicial fixaranse uns obxectivos de traballo para cada participante. Ademáis de reunións individuais presenciais e online realizaranse diversas reunións grupais ao longo de todo o proxecto.
As reunións grupais inicialmente fixadas son as seguintes, pero as reunións individuais son a demanda e plantexaranse novas reunións grupais segundo os intereses das participantes.
Rábade
6 de Maio-Taller educación financieira básica
18 e 25 de Xuño-Grupo de apoio mutuo
31 Xullo-Taller grupal sobre axudas e subvencións para o fomento da contratación así como orientación laboral.
Muras
22 Maio-Taller empoderamento e liderazgo
5 Xuño-Grupo apoio mutuo
19 Xuño-Actividade interxeracional
21 de Agosto-Grupo apoio mutuo
Cospeito:
6 de Maio-Taller alfabetización dixital e ferramentas para a búsqueda de emprego
3 Xullo e 7 de Agosto-Grupo de apoio mutuo
Outeiro de Rei
10 e 17 de Xuño-Grupo apoio mutuo
31 de Xullo-Taller grupal sobre axudas e subvencións para o fomento da contratación así como orientación laboral.
Friol
 24 de marzo, 28 de abril, 26 de Maio, 23 de Xuño, 28 de Xullo e 25 de Agosto – grupos de apoio mútuo
23 de Xuño-Actividade interxeracional
Talleres online
8 de Abril-Taller comunicación asertiva
15 de Xullo-Taller de alfabetización dixital e orientación laboral
12 de Agosto- Taller educación financiera básica
Si estás interesada, pide a túa cita no 607843384