Na Unidade Terapéutica de Afalu de Lugo, realizamos un xogo de preguntas e respostas relacionado coas Olimpíadas 2024.
A través desta dinámica logramos traballar diferentes áreas como a linguaxe, a orientación á realidade, a atención, a percepción e a memoria a curto e longo prazo. Para completar o exercicio visualizamos dous vídeos, un dos xogos de Barcelona 92, e outro dos actuais Xogos Olímpicos París 2024. Con este tipo de dinámicas non só realizamos unha estimulación cognitiva tamén conseguimos beneficios no benestar social e emocional das persoas que participan.
Para rematar as actividades dedicadas ás Olímpiadas París 2024 dende a área de psicoloxía e en colaboración co noso Técnico en Deporte, elaboramos unha actividade de recoñecemento e posterior posta en práctica de 3 deportes presentes nestes Xogos. Pimeiro a través do visionado de diferentes imaxes que nos irán dando pistas do deporte que tratamos de adiviñar, para logo poñelo en práctica. Deste xeito ademais de completar a nosa tarefa cunha parte lúdica e divertida que nos permite fomentar a interacción social e exercitar o noso corpo, facilitamos a adquisición e posterior recuperación da información poñendo en práctica os novos coñecementos adquiridos neste taller e lembrando outros xa existentes.