Seguindo as premisas da misión de Afalu de achegar os recursos ao rural, e traballar na prevención das demencias neurodexenerativas, así como na calidade de vida das persoas maiores e loitar contra a soidade non desexada, o pasado 3 de decembro púxose en marcha unha unidade preventiva no Concello de Muras.
Os técnicos de Afalu, desprázanse a este Concello os venres, en horario de 17:00 a 18:30 horas, para levar a cabo as sesións na Casa do Médico de Muras.
A colaboración co Concello de Muras desenvolverase durante o ano 2022, a quen agradecemos a confianza na nosa entidade para a posta en marcha desta iniciativa para os seus veciños.