Coincidindo con 21 de setembro, Día Mundial do Alzhéimer, iniciamos unha nova andadura: un centro de día de alzhéimer en Friol. Sabedes da importancia que lle damos á zona rural, xa que realmente é a que precisa de que se lle acheguen os recursos, polo que creemos que este é un gran paso dun camiño que levamos construíndo fai anos.
Para este día contamos coa presencia da conselleira de Política Social, Fabiola García, que nos acompañou xunto co alcalde de Friol, Jose Angel Santos, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e outras autoridades que visitaron o novo centro guiados pola nosa presidenta, Mª Carmen Pena Ledo, e o director dos nosos Centros de Día, Valentín Calvín.