Novo proxecto: Martes de Troula

Comezamos o proxecto «Martes de Troula»!!
 
No verán a redución de actividades contribúe ao illamento social e a que as persoas maiores sentan máis desconectados. Polo que se fai fundamental que se tomen iniciativas proactivas como a deseñada dende Afalu, “Martes de troula”, trátase dunhas xornadas de portas abertas para todas aquelas persoas maiores de 55 anos que queiran pasar un intre agradable, charlando, compartindo experiencias ou realizando actividades en grupo como xogos de mesa.
Porque a interacción social é unha parte crave do coidado de persoas maiores e unha boa conversación cara a cara é un dos mellores estimulantes que podemos atopar neste sentido, esperámosvos todos os martes de xullo e agosto en horario de 11:30 a 12:30 na Casa Clara Campoamor.
Para máis información podes poñerte en contacto no 607843384 ou en [email protected].