O Día de San Valentín é un recordatorio de que o amor e o cariño non teñen data de caducidade.
Hoxe celebramos o amor, pero tamén debemos lembrar que as persoas con demencia tamén merecen todo o agarimo e a atención, NON só un día ao ano, senón todos os días. O seu corazón segue a latir con forza, a súa necesidade de afecto é igual que a nosa.
O amor non sempre se expresa da mesma maneira, pero os seus xestos, a súa sorriso, as súas mans que buscan as nosas, lémbro-nos que o cariño é un idioma universal.
Dedicarlles tempo, paciencia e comprensión é esencial para o seu benestar. Eles ensínannos a ser máis empáticos, a valorar os pequenos momentos e, sobre todo, a dar sen esperar nada a cambio.
O cariño e a atención que lles demos son o mellor agasallo que lles podemos ofrecer, e iso é algo que debemos facer todos os días do ano, non só neste día especial.