O Camiño en AFALU 2022

Como cada ano celebramos o Día grande de Galicia, o Día de Santiago, dun xeito especial e por iso esta semana estivemos representando as últimas 5 etapas do «camiño Francés» ou «roteiro das estrelas» ✨, os últimos 100 quilómetros, desde Sarria ata Santiago!! Cada etapa estará enfocada desde diferentes áreas de atención para conseguir estimular todas as capacidades dos nosos usuarios. 🧠
Comezamos coa primeira etapa, dende a área de Fisioterapia, que nos leva dende o municipio de Sarria ata Portomarín, nun percorrido de 21’6 quilómetros! 🚶‍♀️🚶‍♂️👣
Nesta etapa atopámonos con subidas e descensos, ademais de falsos chairos que nos fan case imposible ter un ritmo constante de camiñada e obrigarannos a buscar fontes e lugares onde refrescarnos e manternos hidratados. ⛰️🛣️🚰
– Na primeira das actividades realizadas os nosos usuarios tiveron que superar o percorrido con obstáculos extremando precaucións para non tropezar nin pisar ningún e así poñer a proba a súa resistencia neste duro traxecto. 💪
– A continuación chegou a parte máis dura de subidas e baixadas onde tiveron que facer fronte a duras escalinatas!!
– Para terminar buscando a forma de poder fuxir da sufocante calor e refrescarse e hidratarse facendo unha cadea humana e mostrando o compañeirismo para axudarse uns a outros a recoller todo a auga necesaria tentando derramar a menor cantidade posible para non desperdiciala!! 💧💧

 

 

Continuamos con la aventura del Camino De Santiago 👣 con esta segunda etapa 📍desde el área de terapia ocupacional, que nos lleva desde Portomarín hasta Palas de Rei con un recorrido de 25 km!! 🗺🚶🏽💪🏼
En la mitad de este tramo, hemos parado a descansar en el Albergue de AFALU 🏠donde hemos hecho la cama 🛏 y preparado la mochila 🎒con la ropa adecuada que llevan los peregrinos antes de continuar 👚👟🦯🧢
De esta manera, hemos reentrenado estas Actividades Básicas de la Vida Diaria mientras continuamos con el camino, realizando una estimulación cognitiva, social, física y funcional 🧠👥🚶🏽
Una vez finalizada la segunda etapa, se ha sellado las credenciales de nuestros peregrinos y están listos para la siguiente etapa!! 💮💪🏼👵🏼👴🏼
Continuamos coa aventura do Camiño De Santiago 👣 con esta segunda etapa 📍dende a área de terapia ocupacional, que nos leva de Portomarín ata Palas de Rei cun percorrido de 25 km!! 🗺🚶🏽💪🏼
Na metade deste tramo, paramos a descansar no Albergue de AFALU 🏠onde fixemos a cama 🛏 e preparamos a mochila 🎒coa roupa adecuada que levan os peregrinos antes de continuar 👚👟🦯🧢
Desta maneira, entrenamos estas Actividades Básicas da Vida Diaria mentres continuamos co Camiño, realizando unha estimulación cognitiva, social, física e funcional 🧠👥🚶🏽
Unha vez finalizada a segunda etapa, selouse as credenciais dos nosos peregrinos e están listos para a seguinte etapa!! 💮💪🏼👵🏼👴🏼

 

Empezamos a terceira etapa do Camiño De Santiago, Palas de Rei-Arzúa. O noso obxetivo 🎯 e visitar catro monumentos e puntos importantes deste traxecto: a Igrexa de Santa María de Leboreiro, a ponte medieval 🏰 do Río Furelos, a Capela de San Roque de Melide e a Ponte 🌁de Ribadiso. Para conseguir dito propósito necesitamos un mapa 🗺 que nos vai permitir traballar a Orientación espacial, guiaranos sobre qué camiño seguir e localizar os estímulos concretos no plano donde debemos discernir entre localidades, ríos, monumentos, etc polo tanto é un exercicio a través do cal recordamos 💭 a lectura e interpretación de mapas que nos será necesario para pasar da Provincia de Lugo a da Coruña. Axudámonos das novas tecnoloxías para visitar os monumentos tanto exterior como interiormente.
Xa que esta é a etapa mais longa en Galicia cos seus case 30 km e a demáis é coñecida polas súas esixentes rampas, ao chegar ao noso particular «albergue», facemos un bonito exercicio de relaxación, concentrándonos na respiración 🧘 e liberando calquer punto tensional que nos producira a tan longa camiñata.
Un día máis erguémonos cedo🛌🏻 🎒para saír do albergue e prepararnos para realizar a penúltima etapa do camiño, Arzúa – Pedrouzo.
Esta etapa é bastante suave, polo que puidemos desfrutar tranquilamente da súa fauna e frondosa vexetación mentres camiñabamos🌲🐿️🦎🦋🌾.
Para elo, realizamos en primeiro lugar, unha actividade onde a memoria xogou un importante papel🧠, xa que tivemos que recordar nomes e características dos diferentes tipos de animáis e vexetacións que se atopan nesta etapa do camiño.
Tras esta longa camiñata, tocou recargar as pilas💪🏻, polo que realizamos unha sopa de letras cos pratos máis típicos do camiño🧀🐙🥗. A través do cal, ademáis de facersenos a boca auga, potenciamos áreas cognitivas como a linguaxe, atención, concentración, etc.
Con todo isto, rematamos este tramo en Pedrouzo, despois de pasar un fantástico día en grupo rodeados de diversión e natureza🥰.

Hoxe chegamos a Santiago de Compostela, nesta última etapa co obxectivo de experimentar o xúbilo e a alegría que sinten os peregrinos ao chegar a Catedral, camiñaremos entre todos o equivalente a etapa Pedrouzo-Santiago, unindo forzas para camiñar os 20 kilometros que a conforman, este sentimento de unidade do que é alcanzado entre todos traeranos toda a satisfación e a maxia do camiño até AFALU.

Á nosa chegada a Compostela identificaremos os lugares mais emblemáticos, coma o Monte do Gozo, a praza da Quintana  ou o Pórtico da Gloria, tradiciós e  rituais coma o santo dos croques ou o botafumeiros, logo entraremos na parte mística do camiño recollendo algunhas das suas  lendas milenarias.
Sen dúbida unha xornada cheia de emocións
Feliz día de Galicia a todo/as!!