Hoxe é un día moi importante para nos xa que acabamos de recibir da man da conselleira de Política Social, Fabiola García, a cesión do antigo local de Aspnais, sito na Rampa de Claudio López, conxuntamente con Alume Saúde Mental.
Este é un soño que tiñamos e polo que levamos loitando dende hai tempo. A creación de unha residencia de corta estancia para enfermos de demencias neurodexenerativas. En moitos casos o coidador principal atópase enfermo, ten que faltar uns días ou simplemente tomar un descanso, e poderémoslles ofrecer unha solución axeitada e de calidade onde deixar ao seu familiar cuns coidados específicos para estas patoloxías.
Tamén queremos ofrecer un lugar onde realizar as diferentes terapias e actividades para os enfermos e tamén para as familias, así como un centro de día.
Este é o primeiro paso e queda moito traballo para poder abrir as portas pero xa estamos encamiñados é contamos co voso apoio. ¿Acompañádesnos neste camiño?