O noso mellor tesouro son os teus recordos

AFALU este ano propúxose recopilar o maior tesouro de tódolos lucenses para a súa garda e custodia.

Para podelo facer necesitamos que nos escriban o seu mellor recordo e o depositen no noso cofre do tesouro.

Despois ímolos publicar na nosa páxina web e no Día Mundial do Alzheimer, 21 de setembro, descubriremos este tesouro cunha enorme sorpresa.

Os cofres das lembranzas onde depositar os nosos recordos e que poidan perdurar eternamente poderanse atopar en diversos puntos referentes da cidade de Lugo, así como en centros de ensinanza e, por suposto, na nosa Asociación.

Axúdanos a crear o maior tesouro de Lugo…. As súas Lembranzas