Este venres 14 de Abril no taller preventivo de Muras imos a realizar un obradoiro de uso e manexo das novas tecnoloxías📲💻.
Nesta sesión aprenderemos a empregar dispositivos como as tablets para por un lado familiarizarnos co seu uso, e por outro, empregar aplicacións como medio de terapia de estimulación cognitiva 🧠e comunicativa🗣️.
Esta actividade axuda a romper a fenda dixital existente na actualidade entre a xuventude e a xente máis maior, aumentando e mellorando así o seu desenvolvemento individual e social e promovendo a relación interxeneracional. Todo isto implica non somentes adquirir maior formación senón aumentar e desenvolver a creatividade e mellorar a autoestima.
Animámosvos a participar nesta sesión!