Momentos que deixan pegada…
Estes días vivimos unha actividade moi especial. Compartimos un obradorio no que as familias das persoas usuarias achegáronse aos distintos centros e unidades de AFALU para compartir una xornada chea de sorrisos, recordos e moito agarimo.
Pedimos desexos, creamos xuntos unha decoración para a árbore de Nadal e, sobre todo, gozamos do valor de estar acompañados.
Rimos, emocionámonos e confirmamos que o amor e a conexión non entenden de idades.
Estes encontros axudan a construír pontes, a fomentar o respecto mutuo e a lembrar que compartir experiencias é tamén unha forma de coidar.
Grazas a todas as familias por facelo tan bonito!




