Hoxe retomamos o Obradoiro de Memoria de Outeiro de Rei que se levará a cabo tódolos mércores na casa da Cultura en horario de 10.00 a 11.30.
O obxectivo principal é promover a actividade mental para manter e mellorar o rendemento cognitivo e funcional a través de actividades de estimulación cognitiva que se acompañen tamén dun compoñente lúdico para obter mellores resultados.
Podedes inscribirvos no concello.
Animádevos a participar!