Inicio Actividades Obradoiro de sensibilidade sensorial coa Aula de Productos Lácteos

Obradoiro de sensibilidade sensorial coa Aula de Productos Lácteos

Os nosos usuarios e usuarias do obradoiro de envellecemento activo de Friol disfrutaron dunha actividade sensorial moi especial, coordinada polo persoal de Aula de productos lácteos e tecnoloxías alimentarias.
A cata estivo diseñada para adestrar catro sentidos clave: gusto, olfacto, vista e oído, co obxectivo de traballar a estimulación cognitiva e sensorial a través de experiencias enriquecedoras e divertidas.
Este tipo de actividades permite mellorar a atención e a memoria lembrando sabores, aromas e cancións, ademais de fomentar a participación e a conversa entre os/as asistentes.
Rematamos a xornada degustando un producto tan noso como é un bo queixo galego e despedíndonos ata a próxima.
Moitas grazas á Aula de productos lácteos e tecnoloxías alimentarias e en especial a M.ª Paz Fernández-Albalat polo seu traballo e cariño, e ao grupo de Activa-Mente de Friol polo entusiasmo e participación que mostraron en todo momento.