O luns 16, comezamos, un ano máis, o obradoiro de estimulación cognitiva no Concello de Rábade.
Posto que era un día triste, debido á catástrofe que asola a nosa terra, decidimos comezar lendo trabalinguas. Con isto perseguíamos múltiples obxectivos, pero o máis importante é o que reflexa a fotografía: facerlles sorrir, desfrutar de pasar tempo xuntas. Ao mesmo tempo entrenamos a atención, as funcións executivas e a linguaxe, máis concretamente, a expresión oral, a lectura e a conciencia fonolóxica.
Para nós, o benestar das persoas é o máis importante. É por isto que a nosa prioridade é dar un espazo para que os nosos maiores teñan un lugar onde comunicarse, aprender, recordar e, sobre todo, sentirse mellor.