O 18/09/23 comezamos un obradoiro de Risoterapia e Autocoidado en Outeiro de Rei, realizarase tódolos luns ás 16:30 no Centro Cultural de Robra.
A través desta actividade conseguiremos aliviar tensións tanto físicas como emocionais, algo realmente necesario tras o período de pandemia vivido que nos mantivo illados e faltos de contacto social.
A nivel emocional, a realización desta dinámica require de participación e cohesión grupal, o que promove un maior sentimento de confianza e pertenza ao grupo que xera benestar, mellora a autoestima, satisfacción, etc…
A nivel físico, ao rir fortalecemos o sistema inmunolóxico, mellorando a circulación, a capacidade respiratoria e osixenamos máis a pel…
Convidámosvos a participar para gozar de todos estes beneficios, a diversión 🤩 está asegurada!!!!
Podedes anotarvos nos Servizos Socias do Concello de Outeiro de Rei., na Casa da Cultura ou no 982293408