Obradorio de prevención de lesións en Friol

Algúns problemas de saúde que padecen as persoas adultas están relacionados por ter unha mala postura corporal, e aumentan segundo vamos tendo maior idade. Molestias nas costas, acumulación de tensión nas cadeiras ou problemas de cervicais poden vir precedidos por non ter unha boa posición corporal repetida no tempo.
Para aprender a mellorar as posturas e previr lesións musculo-esqueléticas podedes acudir ao obradoiro que realizaremos o próximo 13 de xuño ás 17:00 no salón de actos do Centro Social de Friol.
Será impartido polo noso fisioterapeuta que ensinará pautas básicas para ter unha boa postura á hora de camiñar, sentarse, deitarse, coller pesos, etc,
Para poder organizarnos axeitadamente rogamos que vos inscribades previamente en [email protected], no 607843384 ou na unidade de prevención e envellecemento activo que se fai tódalas semanas.
Agardámosvos!!