Obradorio de repostería

É moi importante que nas terapias que facemos con pacientes de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas se inclúan actividades que teñan significado para eles, tanto a nivel cognitivo como emocional.⁣
Unha actividade coa que se obteñen múltiples beneficios é a realización de comidas xa que é un momento axeitado para implicalos no proceso de cociñar.⁣
Esta semana realizamos un obradoiro de repostería no que puideron desfrutar á vez que se estimulan tanto a nivel cognitivo (seguindo os pasos da receita trabállase a lóxica, o razoamento e incluso o cálculo), físico (motricidade) e sensorial (a través das texturas, olores e sabores).⁣
Para que a actividade resulte exitosa debemos axudarlles dándolles instruccións doadas de entender, con frases curtas e sinxelas e adaptándonos ao seu ritmo, dándolles tempo para procesar a información. Os útiles de cociña deben de ser fáciles de empregar e o ambiente no que realicemos a terapia debe ser tranquilo e ben iluminado.⁣
Na medida do posible debemos promover a súa autonomía, aceptando as súas limitacións e proporcionarlles seguridade.⁣
A experiencia resulta gratificante, conseguindo os obxectivos previstos.⁣