No noso centro de día de Ourense, seguimos cas nosas actividades. Nesta ocasión, estivemos renovando un dos murais decorativos onde temos as fotos de todas as persoas usuarias do centro.
Para darlle un cambio, decidimos entre todas deseñar un pequeno mapa onde aparecen os seus lugares de nacemento, completando así as tarefas de labores decorativas cunha actividade de reminiscencia e orientación cara a identidade persoal.
En primeiro lugar, entre todas creamos as figuras que forman o mapa e pegámolas na parede. Despois cada un buscou o seu lugar de referencia na parede, colocando a súa foto na casiña que estivera máis preto.
Todos desfrutamos poñendo en relevancia o noso lugar de pertenza e compartindo cas compañeiras e compañeiros historias e recordos da nosa infancia.