Recibimos o mes de maio en tódolos nosos centros e unidades facendo uns traballosos e bonitos maios.
A festa dos maios é unha festividade popular de orixes ancestrais que celebra a primavera, o nacemento das flores e a despedida do inverno. Nesta tradición realízanse distintas representacións ao redor dunha árbore ou estrutura utilizando flores, musgo e carrabouxos, entre outros.
Despois de tanto traballo non podemos estar máis contentos cos resultados
!