Cociñamos cos grandes: Héctor López e Ávaro Villasante

A principios de xuño AFALU tivo a oportunidade de colaborar nun marabilloso proxecto como foi Os Sentidos da Memoria organizado pola FAGAL.
Un proxecto ilusionante, que permitiu a varios membros do equipo técnico de AFALU pasar un día diferente e estimulante na compañía de dúas das nosas usuarias e cociñeiras especiais por un día: Concha e Matilde, xa que este proxecto baséase na idea da activación da mente a través da cociña. Xunto aos dous cociñeiros: Héctor López do Restaurante España e Álvaro Villasante do Restaurante Paprica, pertencentes ao Grupo NOVE, elaboraron pratos tradicionais da nosa provincia de Lugo como son o caldo galego e a torta de millo de Guitiriz.
Esta actividade ademais de fomentar a memoria, permite visibilizar o Alzheimer dende unha perspectiva máis humana, próxima e realista grazas aos recordos de vida que quixeron compartir con tod@s nosotr@s Concha e Matilde mentres cociñaban estes pratos que tanto recordos traían á súa memoria. O 4 de xuño foi un día diferente e emotivo, nunha contorna cálida e acolledora como é a terraza do restaurante Prapica.
Só nos queda dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible «Os Sentidos da Memoria»
 
Grazas a
@caixabank
@gadis.supermercados
@aceitesabril
@artesania_de_galicia
@reizentolo_oficial
@xuntadegalicia