Para qué sirve o xogo do paracaídas?

Non fai moito tempo, pensábase que a terceira idade, era unha época na que se podían realizar poucas actividades, e as persoas que a integraban debían conformarse coas poucas posibilidades de ocio que lle ofrecía un centro de xubilados, cando non se quedaban no domicilio ao cargo de outros membros da familia.
O incremento na esperanza de vida e o benestar social, anima á sociedade a crear Asociacións como Afalu, nas que non só se levan a cabo actividades lúdicas como as das imaxes, senon que axudan ao usuario a desenrolar habilidades e capacidades resentidas polo paso do tempo.
O xogo do paracaídas facilita a socialización, o traballo en equipo, a coordinación, o equilibrio e sobretodo o sorriso de cada un dos usuarios.
Entre todos deben evitar que a pelota saia da manta, pero se un fai moita forza, o do lado debe compensala para evitar que o balón caia. Requírese moita destreza, e moita atención para conseguir o obxetivo.
#Afalu#AlzheimerLugo#Fisioterapia#Xogo#Paracaídas#Coordinación#Equipo#Risas#Forza#Equilibrio#autoestima#envellecementoactivo