Hoxe queremos agradecer a invitación do Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, para participar no Espazo de diálogo “Lonxevidade e Ética do Coidado no Século XXI”, que tivo lugar onte no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e o Servizo Galego de Saúde.
En dito encontro participou, como moderador o Presidente do Comité de Ética Asistencial, Don Rubén Molano, contando coa intervención de diferentes profesionais do ámbito sociosanitario xunto coa educadora social de Afalu, Esther Trashorras.





