Pautas para actuar en caso de tormentas

Estamos con risco de tormentas polo que queremos recordarvos unhas pautas para os nósos doentes.
Pois ben, certa poboación máis sensible, como as persoas con demencia, poden ter unha reacción máis intensa, chegando a pasalo realmente mal. Neste caso nós, como coidadores, podemos tratar de tranquilizar ao noso familiar deste xeito:
– Explicar a qué se debe ese ruído, que é unha tormenta e que non corre ningún perigo.
– Ante unha desorientación total, deixar que mire pola ventá para que el/ela se asegure de que o ruído realmente provén da tormenta.
– Empregar un ton baixo e cálido. Mostrarse amable e comprensivo.
– Acariciar, masaxear e dar cariño.
O máis importante é facerlle sentir que está nun lugar seguro no cal o queren e o coidan .