Pilates para prevención da soidade non desexada

Dentro do noso programa de Prevención da Soidade Non Desexada comezamos o proframa de pilates presencial en diferentes concellos da zona rural de Lugo. Esta actividade xa estaba en funcionamento de xeito on line pero grazas o avance da vacinación podemos volver a vernos cara a cara.

Nesta ocasión, a modo de introdución e adaptándoo a todos os participantes, realizamos unha clase de Pilates en bipedestación. Traballando nesta posición axúdanos a mellorar o noso equilibrio, a forza do noso tren inferior e a correcta colocación tanto da pelvis como dos ombreiros, para conseguir adoptar posturas que non conduzan ao noso corpo a tensións musculares e evitar as elevadas presións intraabdominales que xeramos a diario!

A través dunha respiración controlada e unha correcta contracción dos músculos do abdome e das costas mentres realizamos os diferentes exercicios conseguimos crear unha estabilidade nas articulacións do noso corpo, o que nos beneficia nunha corrección postural e unha maior facilidade de realizar as actividades do noso día a día

Foi un auténtico placer compartir este primeiro día do obradoiro con tódalas persoas que vos achegástedes a Friol!