Chegou o día de festexar o Magosto. Esta é unha festa tradicional da nosa terra e por iso aos nosos usuarios 👵🏻👴🏻 gústalles celebrar esta data. Entre os beneficios desta festividade atópase o traballo de reminiscencia, esta tarefa permite contar e compartir as súas propias vivenzas e revivir sentimentos positivos. Isto a súa vez, motiva aos usuarios a manter relacións interpersoais entre eles favorecendo a socialización e o interés grupal na participación nas actividades dos centros.
Estos magostos atópanse ligados fortemente a nosa tradición galega, recordándonos os oficios relixiosos do San Martiño, e as chegadas das colleitas do outono e dos días fríos de inverno, onde non podían faltar as castañas, o viño novo, os chourizos asados e a queimada.
Por todo esto e máis, rendimos homenaxe a San Martiño e a nosa tradición facendo o Magosto e celebrando todos xuntos. As emocións, e os recordos das celebracións anteriores afloran dun xeito asombroso, e é que, as tradicións galegas teñen un forte espazo reservado na nosa memoria.💜🧡