Dende AFALU queremos invitarvos a participar nas actividades que temos programadas para conmemorar o Día Mundial do alzhéimer, 21 de setembro.
Xa sabedes que este ano intentamos destacar a necesidade do autocoidado e da prevención, así como o valor dos coidadores e a necesidade de que teñan un apoio e un lugar onde formarse con calidade.
Por todo isto fixemos unha variedade de actividades para que poidan encaixar en tódolos perfís: formación, obradoiros de envellecemento activo, actividades interxenaracionais, actividades para coidadores e para as persoas que temos nos nosos centros, visita virtual adapatada a Lugo gracias a Guido Guía, iluminación de edificios públicos, información na rúa e incluso a colaboración do Breogán ao dedicarnos un partido e vir acompañarnos nalgunha mesa o día 21.
E para tódalas persoas que queiran acompañarnos e disfrutar da maravillosa música da Asociación Músico Crisanto temos unha actuación moi especial o sábado 30 ás 20:00 no Vello Cárcere.
Agardámosvos!!