Hoxe estamos en Santiago de Compostela na presentación do proxecto “Os sentidos da memoria”. Este proxecto xunta a persoas con demencias das 15 asociacións que forman parte de Fagal con cociñeiros de prestixio do Grupo Nove.
Nestes encontros, as nosas usuarias elexiron dúas recetas tradicionais galegas e leváronas a cabo coa axuda de Álvaro do Restaurante Paprica e Héctor do Restaurante España.
Graciñas a tódalas persoas que fixeron realidade este proxecto.