O venres tivemos a sorte de compartir un intre da xornada cos/as mozos/as do 1º e 2º curso do ciclo Técnico de Atención á Dependencia no Politécnico de Lugo.
Enmarcada dentro da Red Paraugas Alzheimer: “Proxecto de sensibilización interxeracional da Fundación Barrié en colaboración con FAGAL”, en AFALU quixemos aproveitar esta terceira e última actividade para achegar a estes mozos/as e futuros/as profesionais do campo dos servizos sociais ao traballo diaria que se realiza no centros especializados en Alzheimer e outro tipo de demencias neurodegenerativas onde os tratamentos non farmacolóxicos a formación especializada e a coordinación entre os membros do equipo multidisciplinar é fundamental para tratar de mellorar a calidade de vida dos/as usuarios/as e das súas familias.
Agardamos conseguir o noso obxectivo de dar a coñecer ás novas xeracións e futuros profesionais desta área o traballo especializado que se realiza cada día nas AFAs galegas.