Queridas familias, dende a área social informámosvos de que saíu publicada a convocatoria anual do Programa de Respiro Familiar da Xunta de Galicia (BS614B):
-Esta axuda está destinada a persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
Requisitos:
1. Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa coidadora solicitante da subvención e a persoa ou persoas a atender por ela sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a persoa para atender atópese nalgunha das seguintes situacións:
1º. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
2º. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente nos graos II ou III.
3º. Que a persoa para atender, en caso de non atoparse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
Modalidades:
- Respiro no fogar. Contía máxima 1000 euros/ano.
- Respiro en centro de día. Contía máxima 1000 euros/ano.
- Respiro en residencia . Contía máxima 1500 euros/ano.
O prazo de presentación está aberto ata o 15 de outubro.
Se necesitas máis información contacta coa área social de Afalu.
Más info en : BS614B – Programa Respiro Familiar. – Sede electrónica – Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS614B
Ou con calquera dos nosos traballadores da área social (982263838 e [email protected])