Como xa sabedes o mes de setembro organizamos moitas e variadas actividades con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.
Cabe destacar en especial o éxito da Gala AFALU: música polo alzhéimer onde temos que agradecer a gran acollida, quedándose fora moitísima xente xa que se completou o aforo rápidamente.
Agradecemos o cariño recibido polos representantes das institucións que acudiron e a maravillosa actuación da Asociación Músico Crisanto que este ano puidemos recoñecer a súa colaboración continua con AFALU entregándolle o premio ao voluntariado na persoa do seu director Armando Morales.
Tamén o recoñecemento a Xulio Xiz polo seu sempre excelente traballo como maestro de ceremonias.
Todas as persoas que formamos AFALU queremos tamén recordarvos que o alzhéimer e as demencias neurodexenerativas non son un día ou un mes ao ano, son 24 horas/365 días e por eso estamos aquí para axudar a estes enfermos, a estas familias e coidadores e a todo seu círculo vital.
E agora… seguimos traballando!!!
https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/broche-mes-lucha-afalu/202309302216021695285.html