Reunión coa Conselleira de Política Social

Esta semana a Presidenta de AFALU, Carmen Pena, e o Director dos Centros de Día de AFALU, Valentín Carvín, tiveron unha reunión de traballo coa Conselleira de Política Social, Fabiola García. Puideron tratar os proxectos de traballo da nósa asociación, incidindo nos plans de prevención de demencias neurodexenerativas, a estimulación cognitiva no rural e as actividades dedicadas a conmemoración do Día Mundial do Alzheimer.