Inicio Avisos y Noticias Reunión con Elena Candia, alcaldesa de Lugo, para avanzar no proxecto...

Reunión con Elena Candia, alcaldesa de Lugo, para avanzar no proxecto do centro de respiro

En AFALU seguimos dando pasos para facer realidade un proxecto moi importante para as persoas con alzhéimer e as súas familias.

Xunto ao Concello de Lugo, avanzamos na creación dun novo Centro de Respiro e Residencia no antigo Hospital de Calde. O anteproxecto contempla 27 prazas e un investimento estimado de 2,2 millóns de euros, co obxectivo de ampliar os recursos de atención e ofrecer un maior apoio ás familias coidadoras.

Este novo servizo complementará os servizos que xa ofrecemos e supoñerá un avance crave para mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas.

Grazas a todas as institucións e persoas que fan posible seguir construíndo un futuro con máis coidados, máis apoio e máis oportunidades.

💜 Seguimos traballando con cariño polas persoas e as familias que máis o necesitan.